«Non somos monaguillos de Fraga»

La Voz LA VOZ | REDACCIÓN

GALICIA

XURXO LOBATO

O secretario xeral de EN asegurou onte nos Encontros Dixitais de La Voz que a crise xurdida tra-la expulsión de Beiras do seu partido é un capítulo pechado

21 oct 2002 . Actualizado a las 07:00 h.

O secretario xeral de Esquerda Nacionalista (EN), partido integrado no BNG que acaba de suspender de militancia por un ano ó portavoz nacional desa formación, Xosé Manuel Beiras, participou onte nos Encontros Dixisitais de La Voz de Galicia. Iste é un extracto da conversa de Alberte Rodríguez Feixoo cos internautas. -¿Que postura ten EN tra-la desastrosa intervención de Beiras no Parlamento? -Non considero que a súa intervención fora desastrosa. Considero adecuado o fondo do discurso. Quizáis, houbo menos vehemencia e ataques directos a Manuel Fraga. -¿Que pasa en EN? ¿Non confían en Beiras? ¿Son agora os do Bloque os monaguillos de Fraga? - Os acontecementos da X Asamblea do BNG levaron ó partido a tomar decisións respeito dos compañeiros e da compañeira que se apartaron da disciplina do partido, pero ese capítulo está pechado. E non creo que sexamos os monaguillos de Fraga. -Leiceaga acaba de deixar o BNG polo excesivo peso da UPG... -Lamento o seu abandono. As declaracións que realizou van polo camiño que vosté indica, pero debería ser il mesmo quen respostara. -¿Por qué o peso de EN nas candidaturas do BNG é tan cativo? -Isto habería que preguntarllo á dirección do BNG. -¿Tratan ben os medios galegos ó BNG? -Dende logo non serían candidatos a ningún premio de obxectividade se esta tivera que medirse polo tratamento informativo que se dispensa ó nacionalismo galego.