«A docencia de certificados de profesionalidade é o futuro»

Yolanda García Ramos
YOLANDA GARCÍA BURELA / LA VOZ

FIRMAS

PEPA LOSADA

Academia A Mariña de Burela foi o primeiro centro acreditado pola Xunta para formar a docentes

07 may 2014 . Actualizado a las 07:00 h.

Academia A Mariña, en Burela, foi a primeira entidade autorizada pola Consellería de Traballo da Xunta de Galicia para impartir accións formativas non financiadas por fondos públicos para obter certificados de profesionalidade (RD 1096/2011). Agora mesmo ten a matrícula aberta no primeiro curso que dará e que se iniciará a mediados de mes. As reservas xa se poden facer no teléfono 982 585 098.

-¿Que é necesario para impartir un certificado profesional?

-Se eres pedagogo non che fai falla oficialmente, a un licenciado tampouco, ou a un enxeñeiro ou a un mestre, pero queda un campo que é ese, o da impartición de certificados, para o que si hai que ter feito o curso de docencia. Canta máis preparación se teña, máis facilidade hai para optar a un posto de traballo.

-E Academia A Mariña foi pioneira neste sentido, logo.

-Si, foi o primeiro centro de Galicia acreditado para impartir o certificado de docencia. Agora da Consellería de Traballo xa hai máis acreditados.

-¿Viron nisto unha necesidade?

-A formación xa é a base desta empresa e procuramos afianzarnos naquela formación que sexa unha necesidade social. Damos cursos de manipulación de alimentos, benestar animal, fumigador agrario e... agora tamén de certificados de profesionalidade, porque é o futuro. Nos institutos sácase un título de formación, pero nos certificados de profesionalidade se vai cualificar a nosa valía, os coñecementos. E están collendo vixencia. Pero para impartir un certificado de calquera familia profesional fai falla facer o curso de docencia. É condición sine qua non.

-¿Cantas horas lectivas son?

-Son 380, incluidas 40 horas de prácticas en empresa. Faremos grupos e turnos, un de fin de semana para xente que traballa e outro en xornada laboral para demandantes de emprego.

-Anuncian tamén que hai posibilidade de financiación.

-Falamos con dous bancos pero tamén o podemos xestionar nós no centro, como empresa podemos crear niveis de facilidade que se adapten ás posibilidades do alumno. Dende Academia A Mariña axudamos sempre para que o non facelo non sexa por necesidade económica.

-A nivel laboral, ¿pode axudar a atopar mellor un emprego?

-Dota calquer currículo dun elemento de empregabilidade.

ramón hermida director de academia a mariña en burela