«Non te acostumas á perda dos anciáns polo apego que lles tes»

amelia ferreiroa LALÍN / LA VOZ

FIRMAS

rober Amado

Dirixe o único establecemento destas características que hai na vila

12 ene 2014 . Actualizado a las 07:00 h.

Deixou un traballo estable en Pontevedra para abrir na súa localidade natal un fogar de anciáns, o Santa Rita, que rexenta dende o ano 2003, sendo o único establecemento destas características que está en funcionamento na vila.

-¿Que a levou a abrir unha instalación deste tipo?

-Polo feito de que sempre me gustaron as relacións cos anciáns. Todo comezou por unha conversa que mantiven cunha amiga que traballaba na Xunta de Galicia, sabía que me gustaba este tipo de traballo, e animoume a poñer en marcha o fogar. Antes de abrir o meu fun a ver algúns que xa estaban en marcha en Ourense, e o que puiden ollar foi do meu agrado.

-¿O mesmo sucedeu no seo da súa familia á hora de apoiar a súa decisión?

-Non. A verdade é que houbo certas reticencias por parte da familia respecto da posta en marcha deste proxecto pero, ao verme con tanta ilusión, non dubidaron en apoiarme.

-¿Que diferencia existe entre unha residencia de anciáns e un fogar?

-No fogar están os residentes coma na súa casa. É unha cousa moito máis familiar e cun trato persoalizado a cada un dos residentes.

-¿De cantas prazas dispón?

-Son once prazas máximo polas características e capacidade do fogar. Contamos con cinco habitacións dobres e unha individual, cociña, comedor, salón de actividades e baños.

-Abriu a instalación no ano 2003, ¿lembra quen foi o primeiro residente?

-Lémbrome de todos os que estiveron e permanecen con nós no fogar. O primeiro ancián chegou o 1º de xaneiro de 2004 xusto despois de recibir os permisos de apertura que recibín a finais de 2003. Mº del Carmen Rivadulla, de Lalín, foi a primeira persoa que entrou no fogar. A verdade é que non te acostumas á perda dos anciáns polo apego que lles tes a todos e cada un deles.

-¿Como foron os comezos?

-Difíciles, como te podes imaxinar. Era unha oferta novidosa para a zona e había que dala a coñecer. Poñer en marcha unha empresa, sexa a que sexa, é complicado e isto tamén o foi. Lémbrome que pasei cinco meses e medio sin salir das instalacións do fogar xa que eu facía todo. Non contaba con ningún tipo de axuda e tampouco podía contratar a ninguén para que me botase unha man cos tres anciáns que tiña no fogar. Non me daban os ingresos para facer unha soa contratación. Foron tempos duros en que só conseguía ver aos meus fillos pola noite, e porque miña nai os traia ata abaixo... Cando despois de cinco meses e medio encerrada puiden saír á rúa non me cansaba de ollar o ceo e todo o que había arredor.

-¿En que momento colgou o cartel de completo?

-En maio tiña seis anciáns e contratei a unha persoa para a noite, e foi en setembro ou outubro de 2004 cando se encheron todas as estancias.

mª jesús senra gamallo xerente do fogar santa rita de lalín

«Os comezos foron difíciles ao ser unha oferta novidosa e houbo que difundila»