Di que non quere morrer sen regalar un retablo á capela de Santa Comba
06 oct 2012 . Actualizado a las 07:00 h.Para fotografiarse, Francisco Pérez Porto elixe San Xoán de Esmelle. Alí está o seu monumento ao Mago Merlín. Alí quere que se custodie, cando lle chegue a fin dos días, boa parte do seu legado artístico. E alí vai poñer en marcha, ademais, o proxecto no que xa traballa: situar, en diferentes lugares da parroquia, murais de cerámica na que diferentes personaxes literarios unirán o seu destino, para sempre, a un enclave que linda «mar por medio, con Inglaterra».
«Esta terra está feita de literatura -di Pérez Porto-. A min encántame volver aquí sempre, porque é coma se nestes lugares houbese unha porta que conduce o que nace da imaxinación».
Retablo para Santa Comba
«Gústame moitísimo Esmelle -insiste o ceramista-. Pero tamén me gusta moitísimo Covas. Tanto un coma outro forman parte, ao pé do Océano, dunha terra irrepetible. Eu teño un soño, e non me gustaría morrer sen velo cumprido: hai xa ben anos -lembra o ceramista- que me ofrecín para facerlle un retablo de cerámica á capela da Illa de Santa Comba. Quero que sexa unha esa ofrenda. E de verdade que me dá medo irme deste mundo sen poder cumprir o meu ofrecemento». Fillo de Xosé María Pérez Parallé, Pérez Porto ten unha visión marcadamente poética da existencia. Afirma que a arte posúe, entre outras maxias, a de facer posible que a creación humana habita a eternidade. E di que non lamenta ter deixado atrás, hai tantos anos, a pintura: «A cerámica foi para min un reencontro coa terra -di Francisco-. Eu síntome parte da vella estirpe dos labregos».
no seu rincón francisco pérez porto
Francisco Pérez Porto (74 anos)
Ceramista
A parroquia ferrolá de San Xoán de Esmelle, onde se atopa, á beira dun muíño, o seu monumento ao Mago Merlín.