As clases terán lugar no teatro Pastor Díaz de 9 a 14 horas e de 16 a 21
28 sep 2012 . Actualizado a las 07:00 h.O actor galego Carlos Blanco (Vilagarcía de Arousa, Pontevedra, 1959) impartirá mañá e o domingo un curso de monólogos no teatro Pastor Díaz de Viveiro, incluido dentro do programa Buxiganga, da Deputación. As clases terán unha duración de 20 horas e desenvolveranse de 9 a 14 horas e de 16 a 21.
-¿Como vai ser o curso?
-Non me plantexo dar un curso de monólogos como se conciben, porque eu non os fago así. O que me interesa é explicarlles aos mozos e mozas o paso previo a escribir un guión ou un monólogo, é dicir, que hai que relaxarse no escenario e aprender a improvisar. Non se trata de levar un texto memorizado e soltalo. Quero que entendan que este oficio é xogar, xa que o castelán e o galego son os únicos idiomas nos que se denomina actuar; en inglés, por exemplo, chámase play. O importante é que aprendan a soltarse e a desfrutar no escenario.
-¿Que actividades traballará durante estes días?
-Eso saberano os rapaces que acudan ao curso. Un profesor di os seus obxectivos pero non os seus métodos. Eso é un asunto entre os alumnos e eu.
-¿Que temática lle gusta abordar nos seus monólogos?
-A que máis divirta ao público. Eu probo e vou vendo. Non levo as cousas memorizadas, vou xogando, facendo jazz. O que máis me gusta é o que engancha á xente.
-¿En que consistirá o acto de clausura que se levará a cabo o domingo?
-Está previsto que os alumnos fagan un espectáculo de fin de curso chamado Vales un mundo. Será de participación libre e polo escenario desfilarán os alumnos que o desexen.
-¿Cando poderemos ver a Carlos Blanco actuando de novo na comarca de A Mariña?
-A miña próxima actuación nesta zona será o día 4 de outubro no auditorio de Burela.
carlos blanco actor galego que impartirá un curso de monólogos en viveiro