A comarca continúa celebrando o día das Letras Galegas con numerosas actividades. A continuacións, algunhas das previstas para hoxe e mañá.
Ateneo Ferrolán
Lectura de textos
Tino Martínez, Ánxeles Seoane e Carmen Ladra protagonizan unha lectura de textos de Carlos Casares esta tarde, ás 19.00 horas, no Ateneo. Ademais, Aurora Varela e Rosa Martínez presentarán unha ponencia sobre a súa obra.
Moeche
Charla de López Valcárcel
Xosé López Valcárcel visita hoxe a Casa da Cultura de Moeche para impartir a conferencia Carlos Casares e a xeración do 60, na que fará unha análise da súa obra. Ás 19.30 horas.
Neda
Maxia con Dani García
No marco da programación das Letras Galegas, a Casa da Cultura de Neda acolle mañá, ás 20.30 horas, o espectáculo Volta á maxia, de Dani García. Entradas a 2 euros (nenos, 1 euro).
Ares
Actividade na biblioteca
Na Biblioteca Municipal de Ares celebrarase a actividade Xogamos con Carlos Casares, para aproximarse á obra do autor de xeito lúdico. Mañá, venres, ás 18.00 horas.