«Non podo defraudar aos veciños»

La Voz

FERROL

De tenente de alcalde de Ignacio Cabezón -presentouse con el en Terra Galega hai catro anos- a opoñente político. Antonio Seijo (Neda, 1950) iniciou a súa andadura municipal como concelleiro de Deportes do bipartito PSOE-IU no ano 1995. Agora concurre coas siglas de Converxencia Galega, por primeira vez, como cabeza de lista.

-O salto de Cabezón ao PP era incompatible coa súa traxectoria política. ¿Podería chegar a apoialo despois do 22-M?

-Non sei o que pasará. Estamos ante un escenario máis difícil que nunca e o que non podo facer é defraudar aos veciños que me voten.

-¿Cal é o seu proxecto como candidato?

-A miña experiencia permíteme valorar o potencial do noso Concello e coñecer os seus problemas e tamén as solucións. Hai moitas cousas que vimos demandando dende hai anos e o noso empeño será por ampliar a oferta de servicios, ocio, benestar social, cultura e educación. En concreto, o principal é a elaboración do plan de urbanismo e rematar o saneamento.