?s peculiaridades que acompañan ou acompañaron a construcción da autovía AG-64 (que se prevé que estea lista no 2009) farían correr ríos de tinta. Trátase dun sinfín de atrancos que, nalgúns casos, supuxeron xa amplas demoras nos prazos de execución. Hoxe, a situación é a seguinte: Catabois-As Pontes: Tramo en servizo, executado en dúas fases. Mide 26,6 quilómetros e tivo un orzamento de 50 millóns de euros. Espiñaredo-As Pontes: É o tramo que, segundo a Xunta, se abrirá «de forma inminente». Sen embargo, e aínda que mide 6,8 quilómetros, 900 metros quedaran pendentes de apertura por mor dun talude inestable. Custou 24,8 millóns. As Pontes-Cabreiros: Segue en obras. Mide 8,6 quilómetros e adxudicouse por 39,2 millóns de euros. O seu principal atranco é que as obras non poden continuar ata que queden rematadas unhas excavacións arqueolóxicas que se están facendo no entorno do círculo lítico de A Mourela, afectado pola construcción da autovía. Cabreiros-Vilalba: Atópase en fase de expropiación. Terá 13,4 quilómetros e custará 40,9 millóns de euros. Segue sen financiación.