Electricidade e teatro


Logo do resultado da poxa, que suporía unha durísima suba da luz, asistimos ao teatro do Goberno para desviar a atención da súa responsabilidade política. A electricidade é cara, moi cara, por decisións políticas, por manter entre os custes fixos do sistema toda unha serie de partidas que deberían estar nos Orzamentos do Estado: moratoria nuclear, primas, extrapeninsulares? (estes tres capítulos suman 11.000 millóns ao ano, un 25 % do custe do negocio).

Tamén resulta cara, asemade, porque na fixación diaria de prezos das diferentes tecnoloxías se retribúe a todas por igual e sempre ao valor da máis cara en cada banda horaria para satisfacer a demanda. Non entanto, existe un diferencial de ata o 600 % entre os custes dunha tecnoloxía a outra. Non ten nada que ver producir con auga que con gas, pero perciben o mesmo.

A electricidade é cara, así mesmo, porque, a pesares de que o regulador do mercado avisou xa hai catro anos, séguese mantendo un sistema de fixación trimestral de tarifas especulativo, nunha poxa na que interveñen brokers como Goldman Sachs, Morgan Stanley ou Deutsche Bank, que dende Londres ou Manhattan deciden o prezo da nosa tarifa regulada.

Tamén é cara por decisión política. Vense de aprobar unha Lei do Sector Eléctrico na que o Goberno deixa aberta a posibilidade de que Galiza, a pesar de ser exportadora de enerxía, teña tarifas máis caras por ter impostos autonómicos a esta actividade, favorecendo así a comunidades, como Madrid, que son deficitarias en produción.

A luz é cara por decisións políticas e, nese campo, débese abordar a demanda da tarifa eléctrica galega, así como medidas contra a pobreza enerxética.

Fernando Branco é Exdeputado do BNG experto en enerxía.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
5 votos

Electricidade e teatro