Concerto do grupo de acordeóns Os Lóstregos no Centro Sociocomunitario da Estrada

La Voz

A ESTRADA

10 dic 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

O Centro Sociocomunitario da Estrada e a residencia pública de maiores da Estrada acollerán hoxe mércores unha actuación do grupo de acordeóns Os Lóstregos. O concerto terá lugar ás 17.30 horas e estará aberto á participación de todas as persoas que se queiran achegar pola tarde ás instalacións da residencia.