O colectivo O Naranxo xa dispón de trinta temas para as Coplas de Cego e queimará un meco que antes colgará
16 ene 2008 . Actualizado a las 11:03 h.Intentando revitalizar o Antroido de Lalín no ano 85 saían á rúa as primeiras Coplas de Cego, que se siguen facendo dende entón, en sucesivas convocatorias da Asociación O Naranxo. As Coplas de Cego forman parte da tradición carnavalesca da vila, e mesmo hai quen as colecciona. As de este ano prometen, polo menos temas non faltan. Até unha trintena posúe o colectivo lalinense enriba da mesa, despois do primeiro encontro mantido o luns no Barriga Verde Café. O tema estrela é a viaxe do alcalde Crespo a Roma para realizar o cocido no exterior no Vaticano coa colaboración de Francisco Vázquez, a enquisa sobre a conveniencia de que as garotas volten á feira ou a falta de médico no ambulatorio prometen asomar a unhas coplas con ritmo asonante e cunha métrica que as permita cantar.
As Coplas de Cego non deixan de ser un resumo anual do acontecido no último ano, polo que na memoria dos cidadáns está «a bronca de Crespo con Tobi pola visita da conselleira de Educación, os bordillos da Praza da Igrexa e se ten que caer un político para que se amañen, o sobresobresobrecosto do castro tecnolóxico, a discoteca Planet, Celso e catro traballadoras da residencia que escollen irse, o retoquiño da concellala ou os debates de A Peneira e sua imparcialidade». Os temas están pero resta agora facer o hilván até que resten unhas dezaséis ou vinte coplas nas que os políticos voltarán a ser estrelas, pero sempre dende o aspecto máis imaxinativo pero que non supoña unha ofensa. Juan Gulías e o gaiteiro de Saídres Paxaro son os que posúen ese brilo especial para as coplas, segundo recoñecen na Asociación O Naranxo. Un colectivo que terá que solventar dous problemas neste Antroido: a falla de músicos no Conservatorio Folque e variar o Enterro da Sardiña. A primeira carencia arranxarase coa colaboración de gaiteiros do grupo Bico da Balouta, Froitos do Deza e de Saídres; co que se xuntará unha decena de músicos para amenizar a procesión de Santo Torrisco de Siracusa e o canto das coplas. Por outra banda, O Naranxo tén previsto facer unha variación no Enterro da Sardiña e proceder a queimar un meco que con anterioridade se colgará nalgunha praza do casco urbán lalinense. Mesmo se baralla a posibilidade de que se poidan introducir papeis con peticións na barriga do meco, como se fixo na residencia lalinense nalgunha ocasións cos residentes. A asociación convoca un novo encontro para o luns, ás 22 horas, no Barriga Verde aberto a futuras iniciativas.