Antonio Lamas ten unha gran experiencia no mundo da banca. Traballou en Caixanova varios anos e agora é o director da nova sucursal que Bancaja ven de abrir na capital do Deza.
-¿Qué ofrece Bancaja que non teñan outros?
-Os nosos lemas son «cero comisións, cero condicións» e «si non é bó para tí non o é para nós». O que nos distingue é o compromiso Bancaja, que non ten ningunha entidade bancaria, e moito menos as caixas de aforros. Son 17 compromisos cos clientes que van desde aprazar gratis durante seis meses a hipoteca a quen perda o emprego, sen intereses adicionais; a resposta das solicitudes de préstamo en 24 horas. As tarxetas repóñense en 24 horas; damos 15 días os clientes para cambiar de opinión o contratar un servizo e si o caixeiro non funciona e o cliente ten que sacar cartos en outra entidade lle pagamos o dobre da comisión que le cobraron. O que defendemos é a transparencia e a claridade total nas operacións.
-¿Cómo lles van as cousas?
-Ben. Abrimos 80 contas, en tres días. A xente sigue buscando o trato persoal e persoas que lle den confianza; para nós o cliente é o máis importante. Temos ademáis como oferta de apertura o regalo de unha minicadena por o ingreso de mil euros e produtos como prazo fixo a un mes o 10%, a seis meses ou un ano o 5% e pagarés propios de Bancaja a seis meses ó 6%. Acabamos de abrir e preparamos xa unha actuación da obra social que vai ser unha charla para os maiores que impartirá un especialista de Valencia.