El cronómetro | Begoña Fernández Lorenzo A súa voz cautivou a máis dun na celebración da Gala da Gastronomía de Galicia fai dous anos. Agora forma parte do grupo lalinés Grodam de Flo
05 jul 2003 . Actualizado a las 07:00 h.O grupo Grodam de Flo carecía dunha vocalista. A finais de xuño apostaron pola rodeirense Begoña Fernández Lorenzo. -¿Coñecía os compoñentes da formación? -Sí. Estiven tres anos no Conservatorio de Música Folque de Lalín e alí coñecín a Carlos Quintá e a Miguel Anxo que son dous dos seis integrantes do grupo. Puxéronse en contacto conmigo, porque agora estou estudiando xornalismo en Madrid, e para mín é un pracer traballar con eles porque son auténticos profesionais. O meu desexo é compaxinar a música cos estudios e sempre que haxa algunha actuación tentarei acompañalos. -¿Que cancións incorporaron ó repertorio? -Levou ensaiando dúas semáns con eles. O venres tivemos un concerto en Sabucedo con motivo da Rapa das Bestas e interpretei dous temas: o Canto do Val de Viveiro e Brida . Nas festas patronais de Lalín, alá para o mes de setembro, seremos os teloneiros do grupo A Roda é, de momento, non sei que cancións imos interpretar. -¿Cal é o tipo de música do grupo? -É música folque pero con toques moito máis avanzados. É algo diferente que os dezás terán a oportunidade de escoitar creo que o vindeiro 21 de setembro. -Un verán cheo de concertos... -Algúns temos. Actuaremos en Agolada e en Santiso pero aínda temos que darnos a coñecer. -Pero Begoña xa estivo en televisión... -Foi durante a retransmisión dunha Gala da Gastronomía de Galicia, canto estaba no conservatorio, e interpretei a Cantiga de Zas . Foi unha experiencia moi grata e que non esquenzo.