A confraría fai un gran papel na defensa da ría fronte á marea negra. Unha semana despois do desastre, os barcos seguen loitando contra o fuel.
09 dic 2002 . Actualizado a las 06:00 h.? flota de Bueu ataca a marea negra no mar e os voluntarios na terra. Nestes días, milleiros de persoas acudiron á costa para participar nos traballos de limpeza. -¿Como se sentiron os mariñeiros de Bueu coa chegada desta xente? -Hai que louvar o labor dos voluntarios. Viñeron de todos os sitios e fixeron súa esta causa, e iso non se olvida. Considero ós voluntarios como irmáns nosos. Con iso xa digo todo. -¿E como é o traballo no porto estes días? -Normalmente saen as embarcacións ó mar para tratar de cargar fuel que estea en Ons na medida do que permitan as condicións meteorolóxicas. Cando voltan, quítase o fuel e bótase nas bañeiras para o seu transporte. -¿Hai agora máis medios? -Eu penso que os medios que están usando as administracións son esas embarcacións aí fóra. Son efectivas ata unhas condicións meteorolóxicas dentro do normal. Nós o que pedimos, o que vimos reclamando estes días de calma, é que fixeran máis. -¿A que se refire? -Presumen deses catorce barcos succionadores na zona. Eu non sei que pensar. Dixeron que había no mar unhas manchas, logo había outras. As que dixeron xa están máis que comidas e succionadas. -¿Entón? -Estes barcos debían ir a mancha grande, porque onde as hai pequenas xa as combatiremos nos, cos medios sofisticados que temos: as mans, palas, rastrillos, angazos, fouciños e todo canto poidamos. A primeira marea recibímola con resignación. Pero agora teñen que tratar que non chegue outra á costa.