Comunicado do Club Deportivo Foz

REDACCIÓN VIVEIRO / LA VOZ

DEPORTES

A xunta directiva lamenta a agresión do seu futbolista e pide desculpas e cordura

28 mar 2014 . Actualizado a las 07:00 h.

Diante do lamentable feito acaecido no partido entre o Club Deportivo Foz e o Sporting Pontenova, a xunta directiva do Club Deportivo Foz queremos manifestar o seguinte:

1º- Pedir as nosas máis sinceras desculpas tanto ao Sporting Pontenova como ao seu xogador lesionado, ao cal lle desexamos a mais rápida recuperación.

2º- Pero igualmente matizar que a acción inxustificable do noso xogador tivo un desencadenante, xa que existen testigos os cales acreditan que o primeiro golpe partiu do xogador do Sporting Pontenova cara o do Club Deportivo Foz.

3º- Que o colexiado non se percatou do sucedido e que foi o propio xogador do Club Deportivo Foz quen lle relatou os feitos, recoñecendo que golpeara ao rival a consecuencia de recibir golpes previamente por parte deste. Sen embargo, na acta só se recolle a parte da versión que inculpa ao noso xogador.

4º- Para rematar, lamentamos profundamente unha vez máis dita reacción, pero matizando que as reaccións sempre son consecuencia de algo é ese «algo» debería facernos reflexionar a todos, intentando sobre chegar ao fondo das cuestións mostrando, en xeral, un pouco de cordura.