A boxeadora conseguiu o título galego nunha velada disputada en Boiro
27 jul 2013 . Actualizado a las 14:56 h.Estefanía García Figueira (Rianxo. 1985) é unha deportista por excelencia. Practica varias modalidades, como o baloncesto, atletismo ou piragüismo. Puxo as luvas de boxeo por primeira vez en setembro do ano pasado e xa se proclamou campioa de Galicia de promesas. Conseguiu o título hai unhas semanas nunha velada disputada en Boiro. Tamén practica o king boxing, modalidade da que é subcampioa de España.
-¿Porque elixiu o boxeo?
-Un día probei e namoreime deste deporte. Xa non puiden deixalo. Ademais teño moitos coñecidos que o practican, tamén a miña parella, e iso animicamente aínda te axuda a seguir.
-¿E complicado alcanzar metas importantes?
-Si. É un deporte moi sacrificado e con moitas horas de adestramento, disciplina, perder de ir de festa, porque sabes que o día seguinte tes que adestrar. Necesitas tamén levar unha alimentación equilibrada.
-¿Foron difíciles as eliminatorias previas?
-Solo houbo un combate en Padrón, foi unha velada parecida á de Boiro, polo menos no que se refire á miña pelexa, ganei por puntos nun combate moi limpo.
-¿E moi sacrificado?
-E un deporte moi sacrificado e chegan a doer todos os osos do corpo e tamén porque son moitas horas de adestramento pero sabes que ao día seguinte tes que adestrar. Ademais hai lesións que tratas de curalas sen parar de traballar. Intentas descansar o máximo posible.
-¿Como é un día de adestramento?
-Chegamos ao ximnasio e facemos quecemento. Hai días que temos adestramento físico para fortalecer bíceps, tríceps, pernas. Outros días facemos técnica e series destinadas a mellorar a calidade da pelexa: esquivas, series de golpes, frontais. Ao final de cada adestramento facemos asaltos entre nós e rematamos con series de abdominais.
-¿Practica outros deportes?
-King boxing a nivel competitivo. Quedei campioa galega e medalla de bronce nos campionatos de España. A experiencia foi xenial e inesquecible.
-¿Cales son as características súas coma púxil?
-Teño unha gran pegada de dereita, e tamén bastante fondo o que me axuda nos últimos asaltos a estar por riba das miñas rivais.
-¿Cal e o próximo obxectivo?
-O campionato galego absoluto. E para competidoras que teñen un mínimo de cinco pelexas, aínda non hai data, pero o máis seguro e que sexa a finais de ano, tampouco se sabe onde vai ser.
-¿Fanse amizades practicando este deporte?
-Moitísimas. Hai un ambiente moi san e atópaste con xente moi boa e humilde.
-¿Que dixeron seus pais cando elixiu o boxeo?
-Dixeron que estaba tola e que me metía en todo. Sufriron na primeira pelexa pero os meus pais sempre me apoiaron, aínda que non veñen a verme.
-¿En que espello se mira neste mundo?
-Na galega Marta Brañas porque ten moita calidade pelexando, fai esquivas espectaculares e ten un gran nivel técnico. No king boxing en Lucía Martín que se retirou este ano pero foi varias veces campioa de España. Era unha máquina.
-¿Gustaríalle adestrar algún día?
-Encantaríame, de feito, a veces veñen ao ximnasio os máis pequenos e póñome a ensinarlles.
-¿Que está a facer agora?
-Estou a preparar o campionato de España de king boxing e o galego absoluto de boxeo. Polo de agora teremos un pequeno descanso pero iremos facendo veladas para rodarme de cara os próximos acontecementos.
Estefanía garcía figueira boxeadora
«Agora estou a preparar o campionato de España de king boxing»
«Os meus pais sempre me apoiaron, aínda que non veñen
a verme»