Concerto de salón de Abe Rábade
O pianista ofrece este mércores unha actuación vía Facebook na que interpretará temas inéditos
Redacción / La Voz
Abe Rábade ofrecerá este mércores día 18, ás 20.00 horas, un recital dende o salón da súa casa que se poderá seguir no Facebook do pianista galego. A iniciativa enmárcase nun ciclo que o artista denomina Músicas de sofá. Especial corentena, e que contará tamén (19.15 horas) coa participación da chelista Margarida Mariño.
Nun vídeo no seu muro de Facebook, Rábade avanzou que a actuación prevista será de piano solo e que nela interpretará algúns temas inéditos. Este material formará parte do seu vindeiro disco, «que se gravará cando as condicións así o permitan». Estas circunstancias anómalas condicionan este concerto de salón, co que Rábade propón unha reflexión dobre: por un lado, facer ver o peso da colectividade musical galega, que, sostén, non sempre ten o recoñecemento axeitado á súa capacidade artística e creativa; e, por outro, un chamamento a matinar sobre «o que realmente ten valor e o que non» e «redeseñar a xerarquía» de valores.
Abe Rábade (Santiago, 1977) é un dos músicos de jazz máis recoñecidos na escena nacional e internacional. A súa discografía componse dunha ducia de álbumes, o último dos cales, Doravante, foi publicado no 2018.
Abe Rábade: «O máis importante é o risco»
JORGE CASANOVAO músico galego di que o jazz é coma o pote das avoas: nel caben ingredientes moi diversos
Abe Rábade (Santiago, 1977) é un espectáculo sempre. No acolledor xardín do hotel Costa Vella mergúllase na conversa con entusiasmo e move as mans por todo o espazo envolvendo o seu discurso ou, case, tocándoo coma se fose unha peza nova. Abe Rábade: intenso e imprescindible.
-Seus pais son escritores, súa irmá tamén... O seu destino estaba escrito.
-Si, ha, ha. Eu digo que son a ovella negra da familia, porque son o músico. É certo que moitas cousas que suceden hoxe, ou intereses por outras artes, están relacionadas con vivencias da infancia.
Comentarios