Non é casualidade

CULTURA

16 sep 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

Que Luis Tosar acade o raro (e insólito) privilexio de estar no reparto dos tres filmes preseleccionados ao Oscar é o recoñecemento a unha traxectoria que entronca coa mellor tradición dos actores con oficio no cine español. Eses que tanto aprezaban os grandes directores pola súa capacidade para soportar un primeiro plano. Privilexio vedado aos galáns e ás estrelas.

O lugués Tosar curtiuse na escola da vida, na das curtas e as teleseries e os escearios, sen necesidade de pasar por academia algunha.

Pase o que pase, teremos a Tosar no filme seleccionado. De aí a Los Ángeles hai un paso. O seu triunfo representa tamén un certo recoñecemento aos seus compañeiros en Galicia. Parabéns.