A Coruña / la Voz

«Como ti vas pra lonxe / i eu vou pra vello, / un adeus, Mariquiña, / mandarche quero, / que a morte é o diaño / i anda rondando as tellas / do meu tellado». A peza de Curros, con música de Castro Chané, soou onte no salón de plenos do Concello, cantada por Ricardo Seixo, para despedir a Domingos Merino. Durante as sete horas que estivo o cadaleito en María Pita foron moitas as persoas que pasaron pola capela ardente. Notábase, como dicía Ana Pontón, «a tristura de toda a familia nacionalista pola perda dun dos bos e xenerosos».

Foron moitos os políticos, de tódolos partidos, sindicalistas, xentes da cultura, das entidades sociais e veciños os que se achegaron a despedir a un home que «nos deixa unha biografía chea de momentos de dignidade», apuntaba Pontón.

Minutos antes das catro da tarde, o persoal de protocolo traballaba arreo para situar a todos os que abarrotaban o salón de plenos. Á hora en punto empezou a soar a canción de Michael Bolton Como se supón que vou vivir sen ti, seguida da interpretación da Marcha do Antigo Reino de Galicia. Sabela Vázquez Fandiño, amiga do finado, abriu as intervencións dicindo que «unha persoa así nunca se vai de todo».

Xesús Veiga, compañeiro de Merino no Parlamento galego, lembrou a súa «xenerosidade, humildade e capacidade para compartir o traballo en grupo». E Lourenzo Fernández Prieto confesou que «non sabemos despedir aos finados laicamente, civilmente». O alcalde, Xulio Ferreiro, rematou, moi emocionado, as súas palabras dicindo: «Que a terra che sexa leve, alcalde».

;
Último adiós a Domingos Merino Los restos mortales del que fue primer alcalde de la democracia en A Coruña fueron trasladados al cementerio de San Amaro

As bágoas asomaban a moitos ollos, sobre todo aos de Jorge, o cónxuxe de Domingos, cando acabou a cantiga de Curros e deu paso ao himno galego que rematou cun longo aplauso.

O cadaleito baixou a ombreiros de policías locais pola escaleira de honra, cuberta de coroas con lemas como «Domingos Merino, seguimos a túa loita».

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de A Coruña

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
16 votos
Comentarios

Un adeus a Domingos Merino