Antón Arias (A Coruña, 1961), presidente da Asociación Provincial de Empresarios de la Construción de A Coruña (Apecco), asegura que a situación do sector non mellora.
-¿Como ve o sector?
-A actividade da iniciativa privada está practicamente parada e cremos que a reactivación pasa tanto por la rehabilitación neste campo e tamén nas infraestruturas. O camiño da reactivación do sector é a través da rehabilitación, non é tempo de falar de obra nova, senón de recuperar e conservar as que están en servizo.
-¿Relaciona parte do problema coa falta de crédito?
-E que non hai, estes días o Banco de España recoñecía que só o conseguían un 30 % das empresas.
-¿Entón todo pasa polos investimentos da Administración?
-O único que temos certo é o que aparecen nos orzamentos, aí hai partidas concretas e claras, mentres a iniciativa privada non ten dinamismo. Aínda que tamén estamos a vivir que na obra pública non se cumpren as licitacións previstas, porque entre paralizacións e cambios a realidade é que o que se chega a facer varía moito do que se prevía o inicio dun proxecto.
-¿Non hai brotes verdes, entón?
-A construción non espera brotes verdes. Os gobernantes promoven que as empresas tenten mercados fóra de España. En vez de implementar políticas insístese na saída ao exterior, pero non é unha barita máxica. É aquí onde se teñen que solucionar os problemas da construción.