A entidade celebra o Día da Ilustración adicado a Siro López
10 feb 2026 . Actualizado a las 15:03 h.A Biblioteca pública Antonio Odriozola, despois do contacontos ilustrado desenvolvido este venres polo Colectivo Xurelo, continúa este sábado (11.00 horas) coas actividades conmemorativas do Día da Ilustración 2026, que xiran ao redor da figura e obra de Siro López, artista homenaxeado este ano.
Deste xeito, Eva Cacavelos e Nair Vilas, membros do Centro Oceanográfico de Vigo do Instituto Español de Oceanografía (IEO-CSIC) do Consello Superior de Investigación Científicas, dirixirán esta mañá un «un obradoiro no que se ofrecerá unha introdución teórico-práctica á ilustración científica aplicada ao estudo e divulgación do medio mariño, centrado en especies costeiras e oceánicas». Está dirixido a un público a partir dos 16 anos.