A resistencia das Ciencias

ELÍAS DOMÍNGUEZ PRIETO

CIENCIA

TEMAS DO PAÍS | O |

20 sep 2004 . Actualizado a las 07:00 h.

A MIÑA vida profesional está adicada a educación por vocación, porque coido que é importante para o futuro da sociedade. Estudiei bacharelato por letras mixtas e na Universidade ciencias humanas. Non me considero sospeitoso de esquecer a importancia que ten o cultivo da mente, da cultura e do arte. Reflexiono sobre a importancia dun desenvolvemento sostible, dunha ecoloxía do desenvolvemento e do progreso e coido que ten moita importancia a educación no ámbito das ciencias e da tecnoloxía. O peso que se lle concede a materias como bioloxía, física ou química non está na liña dunha educación para o progreso científico e tecnolóxico. Fago o seguimento da formación continua do profesorado en Ourense e vexo que ten mais peso a actualización didáctica sobre temas de letras que sobre temas de ciencias. A formación en tecnoloxía contémplase baixo a terminoloxía de novas tecnoloxías. Teriamos que chamarlle tecnoloxías para a Información e a Comunicación e facer máis investigación de campo non só bibliográfica que so fai acomplexarnos ante os descubrimentos que fan outros.