Zas lanza o ciclo cultural «Mulleres e territorio»

La Voz CARBALLO / LA VOZ

ZAS

Gándara Porteiro, de pé, durante a presentación de «360 curvas» en Carballo
Gándara Porteiro, de pé, durante a presentación de «360 curvas» en Carballo ANA GARCÍA

A primeira parada será a proxección do documental «360 curvas», codirixido por Alejandro Gándara Porteiro

19 mar 2026 . Actualizado a las 20:04 h.

Do 28 de marzo ao 30 de abril • O Concello de Zas vén de presentar a programación do ciclo cultural Mulleres e territorio, espazo de reflexión sobre a memoria, a identidade e o papel das mulleres na construción do territorio. A primeira das paradas, o sábado 28 de marzo, será cun veciño, Alejandro Gándara Porteiro, codirector xunto con Ariadna Silva do documental 360 curvas, proxectado tamén hai unhas semanas no Casino de Carballo (imaxe superior): finalista dos Premios Mestre Mateo, a peza poderá verse no auditorio de Baio a partir das 20.00.

As presentacións dos libros Coralia e Maruxa, de Cari Ca, o 10 de abril; Que quede entre nós, de Josefa Suárez Pereira, o 18 de abril; e de As tolas que non o eran, de Carmen V. Valiña, o 25 de abril, irán facendo avanzar o programa. A derradeira paradas será un obradoiro infantil, o día 30 do mes vindeiro: Ramas literarias, para rapazada de entre 6 e 11 anos, con inscrición previa no 981 718 056. É parte do programa de animación á lectura da Biblioteca Provincial da Deputación. Manuel Muíño, alcalde de Zas, incidiu en que este ciclo, ademais de todos os fin mencionados, reforza o compromiso municipal coa cultura como ferramenta de cohesión social.