Juanma Buiturón, edil de Deportes: «A carreira pedestre de Cee suporá a saída dun verán referente»

Melissa Rodríguez
melissa r. s. CARBALLO / LA VOZ

CEE

Ana García

O Circuíto Correndo pola Costa da Morte regresa este sábado con preto de 800 inscritos

01 jul 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

Cee recuperará a súa carreira pedestre este sábado en horario nocturno. As inscricións, xa pechadas, ascenden a 784. O edil de Deportes, Juan Manuel Buiturón Carballo, Juanma, fai a súa valoración do regreso do circuíto Correndo pola Costa da Morte, que promove cada Concello integrante, á localidade.

«Son unhas cifras moi boas e suporá a saída do verán de Cee, que sempre foi referente a nivel cultural e deportivo. Será un revulsivo para reengancharse cos encontros e abrazos trala pandemia, algo que é moi necesario», comezou analizando.

Dous son os aspectos que destaca da proba. O primeiro, o feito de que «xunta xeracións, pais con fillos, familias enteiras». «Iso é o que máis me gusta», engade. De outro lado, considera que o feito de que se desenvolva de noite dálle un «valor engadido». Neste senso, destaca que Cee sempre foi unha vila con «moito movemento nocturno».

Juanma é tamén actor e pinchadiscos, entre outras facetas. Do mesmo xeito, practica varios deportes: «Xoguei moitos anos ó hockey sobre rodas en Cee. Fixen taekuondo... Agora paseime ó pimpón, ó xadrez, e tamén vou á piscina».