Ramón Vigo: «Preséntome porque sigo tendo un proxecto para Cee»

V. Couto / J. V. Lado CARBALLO / LA VOZ

CEE

Ana Garcia

26M: AS MUNICIPAIS | O actual rexedor, candidato de IxCee, cre que os veciños deben decidir a quen queren para gobernar e darlle o apoio suficiente

17 may 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Ramón Vigo Sambade (A Ameixenda, 1964), logo dun mandato difícil, aspira ao apoio suficiente para desenvolver o seu programa

-Como valora estes catro anos?

-Complexos. Xa no inicio tiñamos unha composición fraccionada, pero aínda había posibilidades de chegar a entendemento porque o grupo de goberno tiñamos cinco concelleiros de 13, que sempre che dá posibilidades de movemento a un lado e a outro. Pero xa no primeiro ano dous concelleiros do meu grupo deciden pasarse ao grupo mixto e o mesmo pasa co PSOE o cal deixa unha corporación de moi difícil manexo. Aínda así, con tres de 13, dado que non había moitas posibilidades de gobernos alternativos, porque farían falta catro forzas moi dispares, fixo que non nos quedara máis remedio que tender a man e tentar chegar a acordos para sacar adiante cuestións tan importantes como o plan de obras. Iso fixo que se fosen facendo as cousas, pero non de xeito normalizado.

-Por que decidiu presentarse á reelección?

-Porque sigo tendo un proxecto para Cee. Levamos moitos anos presentándonos ás eleccións cun programa. Noutras etapas tivemos máis posibilidades de levalo a cabo e así o veu e o valorou a cidadanía. Nesta quedounos unha parte importante do programa por facer. E con esa parte e outras cousas que engadimos porque as consideramos necesarias, presentámonos ás eleccións coa intención de que o pobo sexa consciente de que é necesario pensar quen consideran que é o mellor candidato para ser o seu alcalde, quen ten ese grado de proximidade, de actitudes de goberno, de dirixir o Concello do xeito político mellor e darlle a forza suficiente para que poida levalo a cabo.

-Que destaca no seu programa?

-No 2007 iniciamos un cambio urbano importante, que afecta ao casco vello e a zona degradada da parte nova. Na vella fóronse recuperando rúas e quedan outras que teremos que rematar neste mandato. Na idea tamén está darlle unha volta á avenida Fernando Blanco. Cremos que hai que anchear as beirarrúas, desprazar aparcamentos á zona do Eugenio López e facer unha saída por detrás do pavillón municipal á estrada da Coruña.

A favor / en contra

  • Cadea perpetua revisable: A favor, en determinados delitos
  • Aborto: A favor
  • Investigados nas listas: A favor, dio a lei
  • Traslado de restos de Franco: Nin me preocupa a min nin á maior parte dos españois
  • Referendo Cataluña: Teríamos que votar todos os españois
  • Acollida refuxiados: A favor
  • Eutanasia: A favor
  • Cambios lei violencia xénero: Día a día vemos que alto falla, hai que mellorar
  • Prohibición fumar praias e piscinas: Na piscina, si, na praia non o vexo necesario
  • Casco urbano a 30 km/h: En determinadas zonas si

Preferencias

  • A que hora se ergue? Ás oito e media
  • Que almorza? Café con leite, galletas ou torradas
  • Prato preferido: Peixe, mero ou rodaballo salvaxe
  • Que non comería? Insectos e serpes
  • Bebida preferida: O viño tinto da Rioja Alta
  • Equipo de fútbol: O Cee e o Barcelona
  • Que coche ten? Un Volskwagen Touareg do 2009
  • Unha afección: A lectura
  • Un lugar: Calquera da Costa da Morte
  • Que tarefas de fogar realiza? Agora menos que antes

Artes e letras

  • Escritor favorito: Pío Baroja
  • Último libro que leu: Los pacientes del doctor García, de Almudena Grandes
  • Última película que viu: Emboscada final, de Kevin Costner
  • Un artista:  Dalí
  • Un actor: Robert De Niro
  • Unha actriz: Catherine Herwood
  • Un cantante: Joaquín Sabina
  • Tipo de música: Pop e canción de autor
  • Deporte que practica: Bicicleta estática cando podo
  • Unha viaxe pendente: Teño moita gana de ir ás capitais imperiais: Praga, Viena, Budapest

JORGE PARRI

En mi nevera siempre hay...

PIÑA. Vigo explica que la Piña nunca falta en la nevera de su casa -donde ahora colabora menos por motivos de salud, pero comparte tareas con su mujer-, porque es una de sus frutas preferidas.

MÓVIL. El alcalde en funciones de Cee utiliza un Samsung S7