O Concello de Cee impulsa as doazóns de sangue

La Voz

CEE

CARBALLO | O Concello de Cee quere contribuír a mellorar o nivel de doazóns de sangue e apoia cunha campaña a presenza do autobús do Centro de Transfusión de Galicia na vila, onde estará hoxe e máis mañá.

A unidade móbil estará diante do centro de saúde de ceense esta tarde dende as 17,00 horas ata as 21.00. Mañá, o horario será de 11.00 ás 15.00. A vicealcaldesa, Amancia Trillo, chama a solidariedade e destaca que o ano pasado houbo 490 doazóns.