Xa hai nova data para a estrea de «Territorio Regueifa»

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

Lupe Blanco, regueifeira
Lupe Blanco, regueifeira Basilio Bello

A peza está protagonizada por Manolo Maseda, Lupe Blanco e Josinho da Teixeira

16 dic 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

O FIOT retomará en febreiro a estrea absoluta do espectáculo Territorio Regueifa, que terá lugar no Pazo da Cultura de Carballo o venres 6 ás 21.00 horas. A peza é unha coprodución do Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo xunto a Ainé Producións e o Centro Dramático Galego, dirixida por José L. Prieto e protagonizada por Manolo Maseda, Lupe Blanco e Josinho da Teixeira.

A estrea da peza tivo que ser cancelada en outubro, no marco da 34.ª edición do FIOT, por unha baixa médica dun dos intérpretes, que xa está recuperado. A función quere levar a maxia da improvisación oral a novos públicos, consolidando a regueifa como un patrimonio vivo, capaz de unir humor, emoción e coñecemento nun espectáculo participativo e festivo. As entradas estarán dispoñibles dende xaneiro.

Trátase de tres recoñecidos regueifeiros e músicos. A responsable do proxecto é Ainé, a produtora dirixida por distinguido Xosé Antonio Touriñán.