Os talleres celebraranse no centro de saúde os xoves, a partir do 9 de abril, en horario de tarde
11 mar 2026 . Actualizado a las 05:00 h.A Laracha pasa a contar desde este ano cun club de saúde para pacientes oncolóxicos e familiares. A iniciativa é impulsada pola Asociación Española Contra o Cancro e colaboran o centro de saúde local e o Concello.
A actividade, deseñada para achegar recursos de apoio e promoción da saúde a persoas que residen en contornas rurais, desenvolverase a través de sesións grupais semanais, coordinadas por profesionais especializados e co apoio do voluntariado da AECC. Os talleres celebraranse no centro de saúde os xoves a partir do 9 de abril, de 17.00 a 18.30 horas. A participación é gratuíta, aínda que con prazas limitadas. Inscricións no teléfono 900.100.036, no centro de saúde ou nos Servizos Sociais municipais.