O entroido bota a andar oficialmente na Costa da Morte

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

Brassica Rapa armará hoxe festa pola tarde en Carballo
Brassica Rapa armará hoxe festa pola tarde en Carballo

Os pequenos serán os protagonistas de hoxe nos colexios, mais xa hai outras citas nos almanaques: pasarrúas, pinchos, festas e demais 

13 feb 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • Cocidos mediante xa celebrados, hoxe bota a andar oficialmente o entroido na Costa da Morte. A expensas do tempo, os escolares serán hoxe en gran medida os protagonistas. Sairán en desfile e pasarrúas alí onde se poida e refuxiaranse en pavillóns onde sexa preciso. En Malpica, dúas citas: pasarrúas do colexio Milladoiro (10.45) e o do Joaquín Rodríguez Otero de Buño (11.00).

Carballo • En agarda da xornada grande do domingo, co concurso, ou mesmo de citas como o Renacemento do Chorón mañá na Milagrosa, o entroido no centro de Carballo comeza esta tarde con animación nas rúas. Cé Orquestra Pantasma visitará a Praza do Concello a partir das 18.30, e partir das 20.00 será a quenda de Brassica Rapa, música instrumental e vocal con multipercusión. A gozar!

CorcubiónA vila tira do saber promovendo hoxe neste arranque do entroido un Roteiro de Pinchos no que participan os locais Carrumeiro, O Ribeiro, Suíza, Alborada, Buen Camino, Mar Viva e O Sirena. A mediodía, de 13.00 a 15.30. Pola noite, de 20.00 a 23.00 horas. Amenizará a charanga O Rumbo en horario vespertino. De completar cinco cuños noutros tantos locais, entrarase no sorteo de 100 euros para gastar nos negocios participantes.

CamariñasFesta de entroido da ANPA O Areal, no pavillón Víctor Vigo, ás 17.00. Doutro lado, a comisión de festas da Ponte do Porto promove para esta noite unha «Pijamada Party» no pub Palma Nova. Terán DJ e música á carta cos temas solicitados.

Buxantes (Dumbría) • A asociación Fonte Santa reúne as clases de música tradicional na celebración do entroido: 19.00, na Casa Cultural de Buxantes.

O mal tempo leva a adiar os desfiles de hoxe en Fisterra

Os desfiles dos centros educativos de Fisterra e Sardiñeiro previstos para hoxe foron adiados polo mal tempo. Será o día 20, ás 10.30 horas, cando enchan as rúas de cor e ledicia o colexio Mar de Fóra, a Escola A Galiña Azul e o CEIP Areouta. Pola súa banda, o colexio Nuestra Señora del Carmen de Fisterra informará proximamente do día no que fará o seu desfile.