Queremos agradecer aos dez concellos que forman parte do circuíto Correndo pola Costa da Morte a oportunidade de visibilizar o síndrome de Rett. Grazas Suso, Olga e Noa por empurrar o carro de Daniela como facedes, sen vós isto tampouco sería posible.
Grazas á madriña deste ano, Sara Vieites, por ensinarnos que non vale renderse e así faremos, seguindo os teus pasos. Grazas aos participantes deste circuíto por dedicar eses «Vamos Daniela!» ou «Ti podes, Daniela!» en cada cruce das dez carreiras. Grazas Terio por darnos voz e por esas palabras que repetías: «Non piden milagres, piden investigación», nin nós o teriamos dito mellor.
2.615 euros
Este ano demos visibilidade e recadamos para a investigación de cara a unha mellor calidade de vida da xente que sofre o síndrome de Rett. Logramos 2.615,5 euros, así que grazas polo voso apoio. Sentímonos moi orgullosos, porque se hai un tratamento a estas nenas, tamén é grazas a todos e a todas vós.