Media ducia de motivos, na Costa da Morte, para saír da casa neste 2 de novembro outonal
02 nov 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Estas que veñen de pasar foron xornadas ben intensas, sobre todo en Samaín, mais aínda quedan plans para gozar en domingo na Costa da Morte, como estes:
Vimianzo • «Blues de medianoite» • Ás 20.30 horas, na Casa da Cultura, como parte do Outono das Artes da Deputación. Blues de Medianoite-Versión Estendida é un espectáculo escénico e un concerto de blues a un tempo, todo na mesma experiencia. Danza, música e teatro, e tamén un espectáculo feminista que parte do histórico para chegar a cada persoa. Chega á capital de Soneira da man de Laboratorio Escénico, segunda parada cultural nunha fin de semana intensa que tamén incluíu para onte o concerto da Orquestra de Cámara Galega, igualmente parte do Outono das Artes da Deputación.
Cabana • Peóns ao camiño • A asociación Cormoráns, co apoio do Concello de Cabana e a Deputación, organizou para hoxe a terceira edición de Peóns ao camiño. Será na Casa do Pendón, entre as 16.00 e as 20.00, con varios concursos: Torneo de buxainas, Buxainas terroríficas (debuxo), Poemas xiroscópicos e Buxaicontos. Aqueles que desexen participar ou obter máis información, así como enviar a súa creación, poden contactar co 626 62 23 97 (Trini) ou co correo acdcormoranscabana2023@gmail.com. O prazo está aberto ata as 14.00 horas desde domingo. Bule, que estás a tempo de participar! Cómpre mencionar que dende as 16.00 haberá unha clase maxistral de habilidades da man do mestre Luís Miguel Ramas e o campión internacional Omar Jonathan Pule.
Carballo • Comunicación en conflito • O Casino de Carballo acollerá hoxe ás 11.00 horas a conferencia Mundo em conflito, o novo mundo multi-polar, a cargo do xornalista portugués Bruno Carvalho. Venezuela, Colombia, Donbass (Ucraína) ou o Líbano foron algúns dos seus últimos destinos de traballo. Acceso libre e de balde.
Fisterra • Limpeza na praia Mar de Fóra • Ás 17.00, coa asociación Mar de Fábula. Se quere botar unha man, chame ao 608 609 042.
Carballo • Samaín en Entrecruces • Promove a asociación San Xens. No centro social, ás 16.00, xogos, disfraces e chocolate con churros.