Cine, xenética ou romarías na axenda deste mércores 29 de outubro na Costa da Morte
CARBALLO / LA VOZ
CARBALLO
No instituto de Muxía presentarase hoxe unha nova iniciativa de divulgación da marca Terra Atlántica
29 oct 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Avanzamos na semana coa seguinte axenda:
Muxía · No IES Ramón Caamaño presentarase hoxe unha nova iniciativa de divulgación das romarías por parte da marca Terra Atlántica. Será ás 12.30.
Dumbría · Derradeira proposta da Semana das Bibliotecas. Será en Buxantes, ás 18.00, e consistirá no obradoiro Pequenos artistas: descubrindo a Castelao, que impartirá Marisa Imia.
Cerceda · Proxección do ciclo de cine Mestre Mateo: hoxe, Aurora, ás 20.00 no auditorio municipal.
Carballo · Sobre xenética versará a sesión de hoxe da Universidade Sénior, coa profesora Gloria González.
Ponteceso · Alumnado do instituto Eduardo Pondal participa estes días no campionato GaliciaSkills 2025, que se está a celebrar no recinto feiral de Silleda.