Tradición, natureza, literatura e paisaxe: todo iso, hoxe, na Costa da Morte
CARBALLO
Axenda | Muxía, Lires, Camariñas, Fisterra, Carballo, Vimianzo, Laxe... todas as localidades ofrecen algo
11 may 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Ademais da terceira e última xornada de Baio ten as Letras e da cita solidaria contra o cancro en Muxía, estas propostas hoxe:
Muxía • Avanza o Maio das Letras promovido dende o Concello e Horta Creativa cunha palestra a cargo de Xabier Díaz: 12.00, Salón do Voluntario. Leva por título Metendo as mans na terra.
Lires (Cee) • Logo dos Cantos de Taberna de onte, queda para hoxe o décimo Festival de Música e Baile Tradicional da asociación cultural Pedras Miúdas. Ás 18.30 horas, en Riba das Eiras, coa formación anfitriona, pero tamén Novo Viana de Cee e Nin Chica nin Patacón (Fisterra).
Camariñas • Con punto de encontro ás 11.00 no porto de Santa Mariña, convoca Mar de Fábula unha nova limpieza neste entorno.
Fisterra • Mañá literaria no Bela Fisterra da man do escritor Ramón Caride. Ás 11.00, o autor ourensán presentará as obras As superviventes e Diacrónica. Colaboran Ler Librarías e Bodegas Méndez Rojo. Cita de balde.
Carballo • No Casino 1889, ás 10.00 horas, nova cita con Nuria, de Vivo Macramé. Como facer un colar bordado?
Vimianzo e Laxe • Os dous Concellos organizan para hoxe unha andaina polos Penedos de Pasarela e Traba. Require inscrición. Saída ás 09.30 horas dende Pasarela. Tamén hoxe avanzará a Primavera en Ruta de Senda Nova e o Camiño dos Faros.
Carballo • Se o tempo pinta mal, non haberá mellor sitio para meterse esta tarde ca no baile do mercado de Carballo. De 18.00 a 21.00, animado polo dúo Nuevo Siglo.