O programa Ecovoz cumpre este ano a súa edición número 22

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

Fran e Lena Rodríguez, no estudo de Radio Voz Carballo, durante o sorteo de emparellamentos dos colexios
Fran e Lena Rodríguez, no estudo de Radio Voz Carballo, durante o sorteo de emparellamentos dos colexios Ana Garcia

A pequena Lena Rodríguez participou no sorteo dos emparellamentos entre colexios, que serán un total de 16 este ano, e que participarán vía Zoom

01 feb 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

As emisoras de Radio Voz en Galicia ofrecerán, cada venres de 17.00 a 18.00 horas, a nova tempada do programa medioambiental Ecovoz, que vai xa pola súa edición número 22. O espazo, que conta co apoio de Sogama, será presentado por Fran Rodríguez e María Meizoso. A pesar das restricións impostas pola pandemia, Ecovoz seguirá a manter o concurso escolar Ecopreguntoiro. Alumnos de 16 colexios galegos participarán, a través de Zoom, en cada unha das sesións.

Nesta novo curso serán o CEIP Condesa de Fenosa de O Barco, Ramón de Valenzuela de Silleda, Luis Seoane de Mera Oleiros, A Lama, Padre Crespo de Xunqueira de Ambía, O Salvador de A Pastoriza, Xesús San Luís Romero de Carballo, A Ponte de Ourense, Laredo de Redondela, O Coto de Negreira, San Vicenzo de Vimianzo, CPR La Merced de Sarria, Manuela Rial Mouzo de Cee, Pablo VI Fátima de A Rúa, Santa Juana de Lestonnac de Ferrol e Sagrado Corazón de Placeres de Pontevedra. Doutro lado, continúan, unha tempada máis, as seccións dos ecoconsellos e da ecorregueifa a cargo da coristanquesa Lupe Blanco.