José Gil: «Tódolos modelos son válidos, o que importa é como está o animal»

Luis García / C.v. CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

Ana Garcia

Desde Fonteboa comparten con otros cuatro países una plataforma sobre el cuidado del ganado

04 feb 2020 . Actualizado a las 09:56 h.

Centros educativos de Finlandia, Francia, Bélxica e Portugal comparten con Fonteboa o programa Anicare de benestar animal.

-Que é este programa?

-Anicare sae das palabras animal e care, que é coidado en inglés. O que fixemos neste programa foi buscar ferramentas educativas para poder aplicar en cursos de benestar animal.

-Cal é a importancia disto?

-Actualmente a PAC ten varias pautas condicionais de benestar animal e quen non as cumpra pode chegar a perder as axudas ou non ter quen lle recolla o seu produto. Hai granxas xa que non teñen a quen lle vender o leite porque non cumpren as esixencias en benestar animal.

-Como funciona na docencia?

-Trátase de compartir as ferramentas que se van producindo, os vídeos, cos distintos países que para unificar os criterios de formación e avaliación.

-Como traballaron?

-As ferramentas que se fixeron foi en consenso. Fixemos dous encontros anuais durante os tres que houbo o programa e en cada un foise marcando pautas de traballo para o seguinte. Consistían en producir vídeos que fosen representativos de benestar animal, pero nunca meténdose nas boas ou malas prácticas, senón poder coller e comparar. Focalizar o tema nas producións intensivas ou extensivas. Tódolos modelos son válidos, o que importa é cómo está o animal. Fixemos os cinco países participantes vídeos de benestar en camas de vacún de leite e en ovino de carne.

-En Finlandia hai pouca gandería.

-Hai moito ovino en extensivo. Teñen unha cousa curiosa e é que os gandeiros con ovellas páganlles por coidar dos parques naturais.

-O contrario que aquí.

-Si, eles van cara a eliminación de incendios o control da maleza e todo a base de silvopastoreo.

-Que máis é diferente do que facemos aquí?

-A tendencia de Bélxica e outros países da zona ao pastoreo para o benestar animal e todo polo problema que teñen coas dexeccións cos puríns. As vacas teñen que saír seis meses a pastoreo e as esixencias que teñen a nivel de formación. O benestar animal está na formación académica e para todos os que estudan algún ciclo agrario e iso é o que se debería buscar aquí tamén e non que un alumno despois de rematar teña que facer o curso aparte.

-Que aplicación ten?

-O principal é que non hai unha crítica ao gandeiro, senón que utilizamos o vídeo para discusión na aula, como comparativa. Temos unha plataforma, Wellphi, se van cargando os vídeos e os estudantes entran en discusión e van dando argumentos. Este permite o que tanto lle gusta aos franceses que é un intercambio de opinións para chegar a unha conclusión.