Estrelas


Co tempo, a moita xente nova pareceralle normal iso de saír de noite a ver estrelas. Levan xa tantos anos saíndo dende Dombate que pensan que é cousa de toda a vida. No Monte Neme vaise asentando. En Zas pasaron do Pico de Meda á Piosa, e en Baio foi un éxito. En Dumbría houbo unha experiencia ben boa no Chan das Lagoas, pero non continuou.

Pero non é tan normal, non: é unha marabilla. Por non falar da terra tan boa que temos para que os astrofotógrafos, como Ana García, recollan imaxes impresionantes como esas que hai nun libro do que moito sabe Jorge Mira, que tamén é o que ensina a ver o ceo por varios sitios, non só na Costa da Morte. É curioso: grazas a el empecei a situar algunhas constelacións case sen darlle importancia, igual que cando nacía Internet miraba na súa Facultade (mediados dos 90) que era aquilo da www sen darlle moita importancia, e mira hoxe.

Agora, cada vez máis, miramos o ceo doutro xeito. Tamén os solpores, e todo en xeral, cunha rede de miradoiros diría que única en Galicia. O das estrelas, antes, era máis anecdótico, case unha extravagancia. Pero aínda así teño na memoria que a luz que emitían as estrelas era máis intensa. É unha percepción subxectiva. Axudaba que había menos contaminación lumínica, e tamén da outra. Na miña parroquia o alumeado público chegou no 86, o día das cachelas, ben escollido. Iso si que foi un cambio, pero tamén deixamos de mirar arriba polas noites como o faciamos antes. Se cadra tamén inflúe que, como eramos moito máis novos, os ollos eran máquinas potentes e perfectas. Menos mal que a curiosidade aínda se vai mantendo.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
6 votos
Comentarios

Estrelas