Presentación na Coruña da escolma xeográfica da poesía pondaliana, obra de Manuel Ferreiro

La Voz

CARBALLO

JOSE MANUEL CASAL

O actos será hoxe, ás 11.00, nos xardíns de Méndez Núñez

16 jun 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Os xardíns de Méndez Núñez, xustamente diante do busto de Eduardo Pondal, é o escenario escollido para presentar hoxe, ás 11.00 horas, a obra Esta é a terra dos eidos amigos, unha escolma xeográfica da poesía pondaliana elaborada polo maior estudoso do bardo, Manuel Ferreiro, quen xa nas Festiletras do Couto ofreceu un avance deste traballo, publicado pola Deputación.

A escolma é como unha guía literaria por distintos concellos da Costa da Morte: son un total de 84 poemas que levan ao lector por Ponteceso, Cabana, Carballo, Laxe, Malpica, Coristanco, A Laracha, Mazaricos, Santa Comba, Zas, Camariñas, Muxía ou Dumbría. Na presentación de hoxe estarán presentes a responsable da área de Cultura da Deputación, Goretti Sanmartín; o autor, Manuel Ferreiro, e máis alcaldes de concellos que aparecen na obra. Fálase dun «traabllo que nos permitirá coñecer doutra maneira a nosa propia terra», como escribe o propio Valentín González, presidente da Deputación, ao comezo das páxinas.