Áhora de planificar en Galicia débese ter en conta un territorio disperso, polinuclear y case bicéfalo, que require un esforzo adicional para satisface-las necesidades de realidades non moi distintas pero contaminadas e alentadas por discursos localistas, que xeran sentimentos nos cidadáns que cominan as decisións políticas, e que resultan máis apaixonados cando falamos de aeroportos.
Lonxe do debate sobre que aeroportos manter e cales suprimir, nos últimos anos presenciamos a realización de infraestruturas sen unha verdadeira estratexia global, sen un plan de mobilidade que cingan todo o noso territorio. Infelizmente, esas obras non responden á verdadeira necesidade de vertebrar un País mediante una malla común, intermodal e que empate os aeroportos con todas as cidades, senón que se limita a conexións locais coa máis próximas.
Á falta dese plan, parece de sentido común que o novo trazado ferroviario do eixo atlántico debera ter previsto o seu paso polas distintas terminais, favorecendo que cidadáns doutras cidades ou bisbarras utilicen os distintos aeródromos en función do seu destino. Tampouco é preciso ser experto para comprender que se a autoestrada do Atlántico descorre preto de Lavacolla e case arrodea Alvedro, sería moi lóxico dotala de accesos directos a elas sen necesidade de obrigar aos usuarios a entraren en circuítos urbanos, aos que se lles engade tráfico innecesario.
Conectar os nosos aeroportos mediante transporte público é garantía da súa competitividade, eludindo o custo de aparcamento dos automóbiles particulares durante as viaxes. Malia a escasa distancia entre Carballo e Alvedro, parece unha eternidade o tempo que pode levar o traxecto, e non falemos das localidades da Costa da Morte, para as que Domingo Fontán deseñara no século XIX un tren de proximidade ata á Coruña. Respecto de Lavacolla, o transporte público é tarefa case imposible.
Transporte
Dá a impresión de que sen un plan de mobilidade, as decisións sobre transporte dependen de propostas derivadas da improvisación, moitas das veces impostas por presións localistas que veñen a repercutir nunha menor eficiencia, menor eficacia e maior gasto público.
Segundo as directrices de Ordenación do Territorio, «potenciarase a mellora da accesibilidade dos aeroportos co sistema de cidades, prestando especial atención á intermodalidade con outros modos de transporte», pero en Madrid no deben ler as normas que se ditan no Parlamento Galego.
O aeroporto do Porto é o único que conecta coas localidades galegas por medio de autobús, no futuro por tren. As súas estatísticas en pasaxeiros galegos melloran cada ano.