Iago Gómez Periscal: «Era unha oportunidade que probablemente non volvería a ter»

Manuel Rey
manuel rey CARBALLO / LA VOZ

PONTEVEDRA CIUDAD

O xogador do Xiria ficha polo Teucro

27 jun 2014 . Actualizado a las 07:00 h.

Tras de máis de media vida nas filas do Balonmán Xiria, o porteiro Iago Gómez Periscal (Carballo, 1989) deixa o club verdiblanco para incorporarse á Sociedade Deportiva Teucro de Pontevedra, que milita na División de Honor Plata. Unha fichaxe que chega despois da soberbia fase de ascenso que realizou o meta carballés en Ciudad Real, o pasado mes de maio. Onte foi presentado na capital pontevedresa.

-¿Como chegou a proposta da SD Teucro?

-Chamáronme hai tres semanas. Había disposición polas dúas partes e chegamos pronto a acordo.

-¿Costou dar o paso de deixar o Xiria?

-Claro que costa. Son moitos anos aquí, xogando cos amigos, na casa, diante da túa xente. Era moi bonito xogar en Carballo. Pero tamén sabía que era unha oportunidade que probablemente non volvería a ter, e había que tomar unha decisión.

-Alí atoparase con dous excompañeiros, Carlos e David.

-Os dous convencéronme para que aceptase a oferta. Sobre todo Carlos, que leva sete anos en Pontevedra e sabe como funcionan as cousas alí. Díxome que era un equipo con moi ambiente e que pagaba a pena ir.

-¿Cales son as súas expectativas persoais para esta tempada?

-O equipo estaba sen porteiros porque os dous que tiñan non seguen, e Quique Domínguez (adestrador) díxome que ía ter bastantes minutos.

-¿E a nivel de club?

-A intención é estar arriba na clasificación. E se se pode xogar a fase de ascenso, mellor. O ano pasado, o equipo estivo moi lastrado polas lesións, pero hai dúas tempadas xogaron a fase. Agora toca un mes de descanso e logo, a empezar a tope na pretempada.

iago gómez porteiro da sd teucro