A normalización da lingua galega xa é unha «causa xusta»

Tatiana Maroñas CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

Os tres conferenciantes da xornada de onte, no Fórum<span lang= es-es >. </span>
Os tres conferenciantes da xornada de onte, no Fórum. Casal< / span>

Remataron no Fórum tres xornadas dedicadas á dinamización do idioma

21 jul 2012 . Actualizado a las 07:00 h.

O curso de verán da UDC sobre dinamización lingüística rematou onte coa idea de que a normalización da lingua galega é unha causa xusta e que dende este ámbito de traballo hai que demostrar e ter a capacidade de transmitir que a defensa do galego é de xustiza social para todos os galegos e galegas.

Por iso, o normalizador lingüístico do Concello de Carballo e presidente da Coordinadora de Traballadores de Normalización da Lingua, Nel Vidal, explicou que «é necesaria a intervención para crear igualdade de oportunidades para as linguas». Do mesmo xeito, indicou que con estas xornadas o que pretenden é «traballar pola liberdade das persoas no ámbito da lingua». O normalizador sinalou que se se crea esa igualdade de condicións a xente pode elixir en que lingua falar, sen que haxa ningún tipo de opresión, nin limitación.

Os asistentes ao curso de verán abordaron temas tan diversos como o asociacionismo local, o ecoloxismo e o feminismo, e nese sentido outra das conclusións foi que é de interese ligar todos estes aspectos da vida porque neles está presente a lingua. Nel Vidal tamén incidiu en que «cómpre lexitimar as medidas da Administración sempre e cando sexan entendidas pola cidadanía, porque senón non van ter difusión». Na súa opinión, «a política é cidadanía e dende alí hai que facer o esforzo de difusión do galego».

Goretti Sanmartín, responsable do departamento de normalización lingüística da UDC, foi outra das persoas que participou no acto de clausura, tralas intervencións de Mariló Candedo, Xoán Costa e Astrid Agenjo. Dende o seu punto de vista, «hai que apostar polas poucas e pequenas iniciativas locais que poden difundir o galego a través da rede, porque son as que están alimentando o espírito positivo da lingua».

Curso de verán da UDC Carballo