O pazo Bayón, de icona do narcotráfico a prometedora iniciativa de enoturismo

CARBALLO

30 ene 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

O Pazo Bayón, situado en Vilanova de Arousa, foi intervido xudicialmente no ano 1995, no marco da coñecida como Operación Nécora. Naquel tempo era un dos maiores símbolos de poder do narcotráfico galego.

O pazo, que conta con 20 hectáreas de viñedos de uva albariña, foi subhastado no mes de xullo do ano 2008. Dende entón, é propiedade da cooperativa Condes de Albarei, con sede en Cambados (Pontevedra).

Os catrocentos socios que integran esta cooperativa queren darlle unha nova finalidade a este emblemático lugar, e en abril abrirá as súas portas convertido en centro de enoturismo. A partir desa data, os visitantes poderán gozar dunha ruta polo pazo (ten 3 plantas e unha bodega) ao mesmo tempo que se achegan aos viñedos, onde se elabora un dos mellores caldos galegos, o albariño con denominación de orixe Rías Baixas. «Trátase de ofrecer ás nosas visitas un turismo de achegamento ao entorno. Non só van ver o inmoble, senón que tamén van poder tocar as uvas», sinala Diego García, enxeñeiro da cooperativa.