«A Feira das Fabas xa é maior de idade»

CARBALLO

A degustación deste sábado é a decimonovena e estará amenizada pola banda Eduardo Pondal de Ponteceso

29 oct 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

O vindeiro sábado celebrarase en Ponteceso a decimonovena edición da Feira das Fabas de Ponteceso, máis concretamente en A Trabe. Ás 08.30 comezará a feitura da fabada; ás 10.00, a presentación das fabas para o concurso e, ás 13.00 horas, entregaranse os premios. Logo comezará a degustación. A xornada estará amenizada pola banda de música Eduardo Pondal de Ponteceso e, para os que queiran dobre manxar, haberá tamén pulpeira. Todo ilo baixo carpa, por se chove.

«O que se pretende é darlle valor a un dos produtos con máis sona do Concello, xunto co percebe de Corme», explica Óscar Rey, responsable de comunicación de Ponteceso. Na organización colaboran altruistamente varios veciños, entre eles o tenente de alcalde, José Pose Facal. Di que «hoxe en día pouca xente hai que as bote», pero a fabada feita en Ponteceso continúa dando que falar. E ben. Todo, en boa parte, grazas ao traballo altruísta dalgúns veciños e veciñas, que se encargan, por exemplo, de cociñar.

-¿Como vai o concurso?

-O sábado pola mañá, os que teñan fabas e queiran participar, teñen que achegarse ata o campo da Trabe e alí valorarase o produto. -¿Quen forma o xurado? -Son tres persoas e elíxense alí mesmo, no momento do concurso. Eu formo parte da organización, pero non son membro do xurado. -¿Que categorías se estipulan para participar? -Hai tres categorías dentro dos tres tipos de faba: pequena, de riñón e asturiana. O que se valorará será o tamaño, a calidade e tamén a presentación. Dentro de cada unha desas tipoloxías de faba haberá un primeiro premio, un segundo e un terceiro. -¿Danse cartos? -Si, o premio é económico. O primeiro consta de 150 euros, o segundo de 100 e o último penso que anda nos 60 ou os 75. -¿Quen se encarga de cociñar a fabada? -Pois dende o comezo son os mesmos: o cociñeiro do restaurante A Pesqueira, a cociñeira do colexio Eduardo Pondal e Manolo, da cristalería Beres. -¿Que capacidade ten a pota na que se cociña? -Pode levar uns 200 kilos de fabas. Faise con carne de todo tipo, pé, costela chourizo, así como aceite, viño blanco, pemento doce e picante, entre outras cousas. -¿Pode saberse unha cifra da xente que pode haber? -O ano pasado pasaron polo campo de A Trabe unhas 1.500 persoas, pero a pota leva moitas máis racións que esas. Vendéronse xa entradas, pero os que cheguen poderán mercar cazola e taza por cinco euros, así como repetir canto queiran. -Logo de 20 anos, a cita estará xa consolidada. -Si, a Feira das Fabas xa é maior de idade.