«O consorcio debería estar funcionando antes do verán»

E. E.

CARBALLO

24 abr 2008 . Actualizado a las 02:00 h.

O director xeral de Turismo é un dos impulsores da creación do novo consorcio, estivo onte en Fisterra explicándolle aos alcaldes e representantes municipais da comarca os pasos a dar para a creación do novo organismo.

-¿Hai acordo para a creación do novo organismo xestor?

-Os concellos que forman esta zona están de acordo en impulsar o consorcio. Temos un principio xeral de acordo. -¿Cales son movementos a dar para que sexa realidade? -Queremos que en mes e medio ou en dous meses os concellos leven a pleno a súa participación para aprobala. Logo constituirase a comisión xestora e aprobaranse definitivamente os estatutos, algo que pode demorarse cinco ou seis meses por cuestións burocráticas. De todos modos, o consorcio debería estar funcionando antes do verán. -¿Cales son os seus obxectivos? -Sobre todo a promoción turística da marca Costa da Morte, pero atendendo tamén a outras marcas menores, como poden ser Fisterra, Muxía ou o encaixe de Camariñas. O que se busca é un desenvolvemento turístico sustentable, diversificar a oferta e atraer novos modelos, incrementando a calidade e a formación no sector. -¿Hai algún modelo para este consorcio? -Estamos impulsando varios con estatutos semellantes, como o de Arousa Norte ou o da Ribeira Sacra. -¿Decidiuse xa quen vai a ocupar a presidencia? -A presidencia ten que derivar das Administracións locais. Queremos que o presidente sexa o representante dalgún concello e a idea é que sexa por rotación. Unhas veces tocaralles a uns, outras a outros. -¿Está decidido onde se ubicará a sede? -Aínda non se tocou ese tema. O importante do consorcio é poñelo en marcha tendo en conta todas as sensibilidades territoriais. Aínda temos pendente unha nova reunión, seguramente en Malpica, na que pecharemos algún asuntos internos. Quedan poucos flocos.