Premios a moitas vidas

CARBALLO

A Fundación Iniciativas 21galardoou a outras tantas mulleres, das que catro son da Costa da Morte

04 dic 2007 . Actualizado a las 02:00 h.

A Fundación Iniciativas 21 acaba de celebrar, por terceiro ano consecutivo, o seu acto de recoñecemento a 21 mulleres de toda Galicia. Son mulleres, na súa maioría, anónimas, pero que destacan nalgunha faceta, ou en varias, da súa vida, e especialmente no seu traballo.

O acto celebrouse o sábado no Teatro Principal de Santiago, baixo a presidencia do máximno responsable da Xunta, Emilio Pérez Touriño, e do ministro de Cultura, César Antonio Molina, ademais de diversas conselleiras e persoalidades da vida política e social de Galicia.

Douse a circunstancia de que, das 21 mulleres premiadas, catro son ou están directamente vinculadas coa Costa da Morte. Trátase de Sandra Pena Rama, de Carballo; María Carmen Pérez Touriño, de Camariñas; María Amelia López, de Muxía, e Mari Carmen Linares Chica, nacida en Málaga, pero afincada fai moito tempo en Camariñas.

A fundación, que preside Ramón Máiz e dirixe Mercedes Rosón, elaborou pequenos textos de resume sobre cada unha das persoas seleccionadas.

A blogueira

A maís coñecida foi a famosa blogueira de Muxía, María Amelia, responsable dos contidos de http://amis95.blogspot.com. A punto de cumplir un ano (e por tanto, ela 96) van enfiado cara o millón de visitas, é un fenómeno mundial nos blogs e recibiu premios destacados. «Axudada polo seu neto, conta historias da súa vida, expón as súas ideas políticas, os seus gustos pola literatura, poesías e teatro e, en definitiva, todo o que antes non podía contar porque 'tiña que estar calada'», contaron sobre ela.

Tamén estaba presente María del Carmen Pérez de Touriño, nacida en Camariñas, recorreu toda España a conta, e por medio, do encaixe. Sendo mestra de artesáns, empresaria, expoñendo artesanía, escalando pouco a pouco. Donoulle ao Museo do Encaixe de Camariñas unha gran colección de encaixes, mantillas, abanicos, tapetes feitos a man. Contaron en Santiago que na súa casa garda obras de valor incalculable, como «mantelerías e tapetes indescriptibles».

Carmen Linares, concelleira de Servizos Sociais de Camariñas, foi outra das galardoadas. Filla de emigrantes, de pai galego e nai malagueña, naceu en Suiza, volveu de nena a España, estivo en Málaga, regresou a Suiza e retornará definitivamente, asentándose en Camariñas, onde desenvolveu, e aínda o fai, unha gran actividade social e cultural.

A cuarta prtemiada foi Sandra Pena Rama, de Carballo, presidenta da cooperativa hortícola Río Anllóns dende marzo do ano pasado.

Cada un dos premios foi entregado por diversos convidados. Foi o propio Emilio Pérez Touriño o que se encargou de darlle o seu a Amelia López.