La plataforma de Merexo trasladaron a los responsables de Medio Rural una completa descripción de la cebolla que se produce en la zona. El texto íntegro es el siguiente:
«A cebola de Merexo cultívase na actualidade nunha franxa de terreo próxima ó mar e coñecida como A Braña. Polo grado de humidade da zona é un terreo singular, encharcado e que lle confire unhas características organolépticas especiais á producción.
As cebolas colleitadas en A Braña (terreo afectado de cheo polo plan de acuicultura e que pasaría a ser invadido polo formigón das instalacións) non precisan de sistemas de regadío debido á proximidade de capas freáticas ó leito de semente.
Este terreo confírelle á cebola de Merexo unha características exclusivas con respecto ás producidas en zonas límitrofes (diversos puntos da comarca de Bergantiños). Así, a cebola de Merexo pódese saborear perfectamente aos 12 ou 14 meses de ser colleitadas, namentras o producto cultivado nesas localidades non resiste o almacenamento en condicións ambientais ecolóxicas máis de 4 ou 5 meses.
Estas condicións varían ao realizar a semente noutro lugar, existindo experiencia de veciños que trasladaron parte do cultivo da A Braña a hortas próximas ás casas, e aplicando regadío ao cultivo, o producto perde propiedades con respecto ás colleitas na Braña.
A cebola de Merexo conta ademais cunha selección xenética natural levada a cabo de xeración en xeración. Os promotores da iniciativa teñen certificado que é posible superar fácilmente unha producción anual de 1.000 toneladas, o que suporía un valor de mercado que estaría por riba do 1,5 millóns de euros».