Os maiores da residencia de Carballo poderán elixir entre máis de dez actividades

La Voz

CARBALLO

Os responsables da residencia de maiores de Carballo xa teñen preparado o programa de actividade formativas para o curso 2007-2008, que agora comeza.

Os usuarios poderán elixir entre máis dunha decena de opcións, que abarcan un abano moi amplo e con alternativas para os intereses e las capacidades máis diversas. No listado feito público onte aparecen bailes de salón, neuróbic, tai-chi, musicoterapia, bolillos, alfabetización, manualidades, un obradoiro de barro, cachibol, ximnasia e un obradoiro psicosocial para prever situacións de dependencia.

Excursión a Lugo

Asemade, desde o centro recordaron que a Vicepresidencia da Xunta organizou para o día 5 de outubro unha excursión a Lugo coincidindo coa feira multisectorial e a mostra gandeira e agroalimentaria do San Froilán.

Os interesados poden anotarse ata o día 28 deste mes nas oficinas da residencia. O custo por persoa é de 6,5 euros, pero no inclúe a comida.