Despedida teatral

La Voz

CARBALLO

A segunda edición das xornadas de teatro infantil Anisia Miranda organizadas polo Concello de Cabana conclúen esta mañá cunha dobre sesión. Os alumnos do colexio Labarta Pose abrirán os actos (ás 10.30 horas) cunha representación no auditorio municipal. Ás 12.00, serán os integrantes do grupo Mamá Cabra os que ofrezan un recital musical para os escolares do CRA Os Remuíños e do colexio de As Revoltas.