11 may 2007 . Actualizado a las 07:00 h.
O alcalde de Carballo e candidato á reelección polo BNG, Evencio Ferrero, presentou onte a súa declaración de bens patrimoniais. «Eu sempre interpretei que isto debería ser un acto público», argumentou. Nese «exercicio de transparencia», expuso que lle quedan por pagar 19.322,14 euros do crédito do piso no que vive. «A única variación no meu patrimonio personal foi o vehículo que agora teño, do que me quedan pendentes de pago 8.000 euros», engadiu, e un incremento de 1.200 en obxectos artísticos. Nas súas contas correntes ten 6.759 e 87,03 euros, e o seu salario é de 2.060 euros ao mes, «o mesmo que tería como profesor». Tamén percibe dietas como membro dos consellos asesores de Xestur e da Fegamp e do consello escolar de Galicia.