«Esperamos acadar, polo menos, catro concelleiros»

La Voz M.?V. | CARBALLO

CARBALLO

Entrevista | Juan M. Ramos

04 abr 2007 . Actualizado a las 07:00 h.

?uan Manuel Ramos Varela vai a por todas. Recoñece que obter a maioría absoluta en A Laracha non é unha tarefa doada, pero o novo candidato socialista está seguro de que o próximo 27 de maio o seu partido mellorará considerablemente os seus resultados. -¿Que foi o que o animou a encabezar a lista socialista en A Laracha? -Pedíronmo os meus compañeiros e non podía dicir que non. Eu xa fun nas anteriores listas e tiña experiencia, pero, ao mesmo tempo, servía para renovar o grupo, que era o que queriamos. -¿Déronlle algún consello os actuais edís do PSOE? -Coñézoos ben porque fun con eles na anterior lista, eu era o número tres, e traballamos moito xuntos. O que me dixeron é que en A Laracha hai que facer moitos quilómetros e recorrer todos os lugares do Concello para escoitar aos veciños. -¿Xa está confeccionada a nova lista? -Está case ao completo e supón unha renovación ao 90%, hai moita xente nova e moitos participan por primeira vez na vida política. -¿Foi difícil cumprir a lei de paridade? -A nosa lista do 2003 xa era moi paritaria, así que este ano tampouco foi moi difícil, aínda que as mulleres son moito máis reacias a participar na política. -¿Cales son os obxetivos do PSOE larachés? -No 2003 baixamos bastante e agora confíamos en subir moito. Esperamos acadar, polo menos, catro concelleiros, como hai uns anos, con Xosé Suárez como candidato. Mesmo confíamos en lograr máis edís, porque creemos que hai voto suficiente para lograr catro e imos a traballar por máis. -¿Que cre que hai que cambiar en A Laracha? -Sobre todo, as formas de gobernar. As do PP non son antidemocráticas, pero si diferenzan moito entre uns veciños e outros, e, dalgunha maneira, caen no amiguismo. Tampouco nos gusta como se está construíndo na localidade e, sobre todo, cremos que hai que darlle máis impartancia as parroquias, que actualmente están moi pouco valoradas.