17 mar 2007 . Actualizado a las 06:00 h.
Pouco a pouco vanse coñecendo os equipos que participarán na seguinte eliminatoria do Ecopreguntoiro , o concurso que emite Radio Voz dentro do programa Ecovoz , os sábados ás 12:30 horas. Na edición de onte, os rapaces do Colexio Vite I de Santiago venceron aos representantes do Colexio Aquilino Iglesias, de Abadín (Lugo). Os alumnos composteláns dan un paso á fronte para chegar á finalísima que se disputará en Bruxelas. Os gañadores do Ecopreguntorio viaxarán a Londres para gozar dunha estancia cultural e de ocio.